O Concello de Boiro e Comprarcasa Miraben adozan as merendas gracias á campaña solidaria do Nadal

09 Xaneiro 2025

O Concello de Boiro colabora con Comprarcasa Miraben nunha nova edición da campaña realizada durante o Nadal en beneficio de Cáritas. O alcalde, José Ramón Romero, participou na mañá deste 9 de xaneiro no peche da recollida solidaria xunto con Leticia Domínguez da empresa.

O lema da campaña realizada neste Nadal foi Merendas de Nadal cheas de historias, mediante a que se recolleron libros infantís e xuvenís, aínda que tamén de adultos, e alimentos propios das merendas de Nadal. Leticia Domínguez agradeceu a implicación de todas as persoas que fixeron as súas doazóns: “Estamos moi contentos co resultado obtido e da colaboración prestada para axudar ás familias dende Cáritas”.

“A sociedade boirense sempre se implica cando se trata de causas solidarias, vémolo nas empresas que organizan campañas como esta e tamén na resposta da veciñanza cada vez que se pide colaboración para un fin social”, recalcou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.