Non se agardan grandes cambios para o martes, con Galicia na influencia das altas presións que deixarán unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas sufrirán un novo descenso, quedando con xeadas en moitos puntos do interior, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente leste, con intervalos fortes arredor de Bares nas primeiras horas.

O noso mar: ento do leste á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 3 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



