
Artefeito Producións vai levar a Rianxo o vindeiro sábado 25 a súa función teatral Duo Vaguedades, protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei interpretando a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nunha peza de teatro cómico para todos públicos. A cita será ás 20.30 horas no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal de Rianxo (Sala Arcos Moldes). A entrada será de balde até completar capacidade e a retirada de convites deberá facerse na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min.
Trátase dunha proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.
Sinopse de Dúo Vaguedades
Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.
Ficha artística
Elenco espectáculo
Fran Rei e Isabel Risco
Dirección
Fran Rei e Isabel Risco
Duración minutos
60min
Ficha artística texto longo
Música orixinal: Jerry Noia
Vestiario e atrezzo: Isabel Risco
Fotografía e deseño cartel: Jerry Noia
Deseño fondo escenografía: Rocío Cibes
Responsable técnico: Abrahán Sande




