Incendio na planta de reciclaxe do Concello de Lousame

19 Xaneiro 2025

Os bombeiros dos parques Provinciais de Boiro e Ribeira traballan neste momento na extinción dun incendio que se declarou na planta de reciclaxe Servia, do Concello de Lousame. Ata o momento os danos son unicamente materiais. O incendio localízase na zona onde se almacena a chatarra e non está a afectar á nave.

Consorcio de Bombeiros

Os Bombeiros de Boiro e de Ribeira e o GES de Noia colaboran nas tarefas de extinción deste incendio que non provocou danos persoais.

Pasadas as 17:50 horas, varios particulares que se atopaban no lugar contactaron co 112 Galicia e explicaron que saía fume e cheiraba a queimado na zona exterior das instalacións da planta de reciclaxe, situada na parroquia de Lesende.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que colaboran os Bombeiros de Boiro e Ribeira, o GES de Noia, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Lousame. Ao mesmo tempo, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Consorcio de Bombeiros

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...