Este venres entrégase na Pobra a viaxe familiar a Eurodisney patrocinada por CONGALSA

16 Xaneiro 2025

Este venres 17, ás 18.00 horas, farase entrega da viaxe familiar a Eurodisney á persoa afortunada no transcurso da campaña orientada ás redes sociais Volta o Nadal, voltan as Caramiñas. O acto será na Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal, situada nas inmediacións do parque do Castelo. Á cita asistirán a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo; a técnica municipal, Sara Sánchez; a directora de Relacións Externas da empresa local CONGALSA, Ana Garrido; e a persoa premiada.

A viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa local CONGALSA, referente do sector da alimentación e dos produtos pesqueiros con sede principal no Polígono da Tomada, formou parte da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas. O sorteo desenvolveuse até o día 5 de xaneiro e participaron nel as persoas que compartiron imaxes captadas dende o inicio da actividade nos photocall coñecidos como Recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na Praza de Abastos. As instantáneas compartíronse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra.

A viaxe foi o gran premio final a unha campaña que pretendeu “incentivar as compras e dinamizar o comercio do concello da Pobra durante estas festas sinaladas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...