Arrancan este venres 10 en Froxán (Lousame) as xornadas de voluntariado do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

07 Xaneiro 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza retoma neste inicio de 2025 as súas xornadas de voluntariado ambiental, unha iniciativa que busca implicar á cidadanía na recuperación da biodiversidade nos montes do Barbanza. Estas accións están coordinadas pola Fundación Montescola, entidade centrada na educación ambiental e a dinamización comunitaria.

A primeira xornada do ano celebrarase este venres 10 de xaneiro a partir das 10:00 horas e incluirá a plantación de árbores autóctonas e unha visita guiada ao monte da CMVMC de Froxán, en Lousame.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades e non require experiencia previa. Para participar, as persoas interesadas deberán inscribirse ata o mércores 8 de xaneiro enviando un correo electrónico a info@montescola.org. Como é tradición, a xornada concluirá cun xantar comunitario de albaroque, unha celebración para agradecer o esforzo colectivo.

Dende a organización da xornada explican que “a recuperación das masas forestais de especies autóctonas é un dos piares fundamentais do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que impulsa diversas iniciativas en toda a comarca para promover a biodiversidade e reforzar as redes colaborativas locais. Esta primeira acción inaugura un programa de xornadas de voluntariado que se desenvolverán ao longo do ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.