A patronal de Inditex e o Observatorio del Textil y la Moda unen forzas para transformar o sector cara á sustentabilidade e a innovación

09 Xaneiro 2025

A Asociación Retail Téxtil España (ARTE), que representa a marcas como Inditex, Mango e H&M, asinou un acordo co Observatorio del Textil y la Moda para impulsar a sustentabilidade e a dixitalización no sector. Unha alianza que busca fomentar a cooperación empresarial, a economía circular e o uso de tecnoloxías innovadoras como a metodoloxía BIM. En concreto, esta colaboración diríxese a integrar novas políticas, impulsar a evolución nos métodos de traballo e promover o uso de tecnoloxías innovadoras para un futuro máis sostible.

A principal meta que perseguen ao asociarse é fortalecer a cadea de valor do sector, mellorar o seu posicionamento ante os grupos de interese e promover a cooperación público-privada en áreas clave como a economía circular, a sustentabilidade e a dixitalización.

Numerosas empresas do sector xa están a apostar por esta transformación. Mango, por exemplo, lanzou a súa Sustainable Vision 2030, unha folla de ruta que ten o obxectivo de reducir o seu impacto ambiental e social en tres áreas fundamentais: o produto, o planeta e as persoas. O conselleiro delegado da compañía, Toni Ruiz, sinala que “a nova estratexia de sustentabilidade non é un obxectivo que cumprir, senón un eixo transversal integrado da nosa estratexia empresarial e modelo de negocio que condiciona a nosa toma de decisións e o impulso de proxectos e accións, co obxectivo de desenvolver a nosa actividade co menor impacto ambiental e social posible”.

Por exemplo, a compañía prioriza o uso de materiais máis respectuosos co medio ambiente e deseño con criterios de circularidade co obxectivo de que en 2030 estes predominen no produto Mango e o 100% das fibras utilizadas nas súas pezas sexan máis sostibles ou recicladas.

H&M tamén está a dar pasos importantes neste camiño. Leyla Ertur, directora de sustentabilidade do grupo, destaca a necesidade de colaboración entre todos os actores da industria para converter os compromisos en resultados concretos. “A medida que o mundo enfronta importantes desafíos sociais, ambientais e económicos, é máis importante seguir cumprindo coa nosa idea de negocio de ofrecer moda e calidade ao mellor prezo de maneira sostible e manter o compromiso coa nosa viaxe cara a unha industria da moda máis respectuosa coa natureza e máis circular que nunca” afirma.

Entre os seus obxectivos clave fíxanse lograr, en 2040, cero emisións netas ou, para 2030, que o 100% dos materiais utilizados para a fabricación de produtos comerciais serán reciclados ou de orixe sostible.

Pola súa banda, Inditex subliña que a sustentabilidade é un proceso continuo, que se ve impulsado pola ciencia e a innovación. “Mantemos un diálogo aberto cos provedores para axudarlles a incorporar tecnoloxías máis limpas e eficientes, con soporte técnico e referencias que lles axuden nesa transformación”. Neste sentido, fomentan o uso de enerxías renovables para que ningún dos seus provedores utilice o carbón en 2030 e establecen reducir un 25% o consumo de auga na cadea de subministración en 2025.

Neste sentido, xa desde 2022, o 100% das súas tendas funcionan con enerxías renovables. Ademais, todos os seus centros loxísticos contan con importantes certificados de eficiencia enerxética e están a desenvolver unha serie de proxectos de redución de emisións na súa rede de distribución e actividades loxísticas.

Implicados neste proceso de transformación atópanse empregados, fabricantes e provedores, como a propia construtora do grupo, Goa-Invest ou estudio de arquitectura Batlleiroig, quen implementa a metodoloxía BIM para o deseño e construción das sedes e tendas de Inditex. E é que, tal e como afirma Borja Sánchez Ortega, director de Proxectos e director do Máster BIM Manager Internacional (+IA y VR) da empresa Espacio BIM… “BIM permite a Inditex centralizar toda a información (xeométrica, documental, etcétera) nun modelo dixital desenvolvido por todos os axentes que interveñen”, o que facilita a cooperación entre equipos e fai os procesos máis sostibles e eficientes desde o punto de vista enerxético.

Con esta nova alianza entre ARTE e o Observatorio del Textil y la Moda, o sector retail segue avanzando no seu compromiso coa sustentabilidade e a innovación, demostrando que a transformación é posible a través da colaboración e o uso de novas tecnoloxías.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.