A Marea de Noia denuncia os recortes da Xunta de Galicia nos servizos sanitarios de Noia

11 Xaneiro 2025

A Marea denuncia que as Urxencias reducirán o seu persoal médico nun tercio os domingos e festivos. ( Días de maior asistencia debido a que os Centros de Saúde de Outes, Porto do Son e Lousame non prestan asistencia)

A Marea denuncia tamén que a matroa de Noia tamén atende ás usuarias de Outes o que está alongando as listas de agarda que chegan a dous meses.

Dende a Marea instan ao Sergas a que garanta un servizo sanitario de calidade en Noia.

Agradecen ao persoal sanitario todo o seu traballo, xa que grazas ao seu sobresforzo minimizanse os efectos na saúde da veciñanza.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...