A gala solidaria da AECC e Mimarte contra o cancro celebrarase en Ribeira o 8 de febreiro

23 Xaneiro 2025

Este xoves 23 de xaneiro celebrouse a presentación da nova Gala Solidaria a Beneficio da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Ribeira, na que estivo presente o alcalde en funcións, Vicente Mariño, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a presidenta da AECC de Ribeira, María José Carreira, a vicepresidenta da mesma, Ramona Paz máis xerente de Mimarte, Tania Fuegho.

O tenente de alcalde introduciu esta gala solidaria sinalando que “é unha honra participar e colaborar coa Asociación Contra o Cancro” e que a Concellería que dirixe estará sempre á disposición da entidade, tanto “dende Servizos Sociais como dende a Concellería de Sanidade”. Mariño animou a toda a veciñanza a que participe nesta gala benéfica o vindeiro 8 de febreiro ás 20.00 h.

A concelleira de Cultura comezou felicitando a proposta e sinalando que “o auditorio está aberto para que as diferentes entidades de carácter social do municipio desenvolvan os actos necesarios para difundir as súas iniciativas á veciñanza”.

A continuación Tania Fuegho, xerente da academia de baile Mimarte, deu as grazas ao Concello por “acoller sempre as propostas e iniciativas que se propoñen” e adiantou que a gala “vai ser unha especie de noite de festa de José Luis Moreno pero ao estilo Mimarte, con baile, música, humor, amor e sobre todo diversión”.

Para rematar María José Carreira, informou que as entradas serán a un prezo simbólico de 5 euros e para poder mercalas haberá dous puntos de venda: un na propia sede da Asociación Contra o Cancro de Ribeira na rúa Estatuto no 1 e o outro no espazo Mimarte na avda. Rosalía de Castro no 54. Carreira explicou que os máis recentes datos publicados sinalan que a nosa comarca é unha das zonas con máis incidencia de cancro en Galicia e “tendo en conta estes datos, dende a asociación traballaremos con máis forza se cabe para recadar máis fondos para fomentar a investigación, xa que é un dos nosos obxectivos máis importantes”.

Poderase mercar entrada de fila cero para persoas que non poidan asistir á gala e queiran colaborar con este espectáculo solidario, tamén o mesmo día 8 no Auditorio será posíbel adquirir as entradas.

“Para nós é un día moi especial este 4 de febreiro, o Día Mundial Contra o Cancro, e a maiores desta gala tamén temos programados eventos como a colocación dunha mesa informativa na rúa de Galicia no mesmo día 4, uns obradoiros de manexo da ansiedade e relaxación que se levará a cabo na nosa sede, e tamén, en colaboración coa Parroquia de Ribeira, teremos unha misa solemne para lembrar a toda a veciñanza que sufriu un cancro durante o pasado ano 2024”, sinalou María José Carreira, engadindo que a misa será cantada pola Coral Polifónica do Circulo Mercantil o día 9 de febreiro ás 12.30 h. Carreira concluíu dando as grazas ao Concello, á Mimarte e a toda a xente solidaria de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.