A Deputación da Coruña e os produtores da provincia revolucionaron a nova convocatoria de Madrid Fusión

30 Xaneiro 2025

A área de turismo da Deputación despediu este mércores 29 a nova entrega de Madrid Fusión e fíxoo, segundo fontes da entidade provincial, “cun gran éxito de afluencia en todas as súas actividades, que estiveron ateigadas de asistentes, así como os mostradores de todos os produtores locais que exhibiron a súa materia prima nesta cita gastronómica de referencia internacional grazas á Deputación”, e que foron quen de pechar importantes acordos comerciais.

Fotos de Madrid Fusión da autoría de Cris Andina

Houbo demostracións de Luís Veira (Árbore da Veira), Beatriz Sotelo (Illas Gabeiras), Fabián Mouzo (O Camiño Fala), o cociñeiro portugués Hélio Loureiro e Álvaro Victoriano (Grupo Peculiar); exitosas degustacións, presentacións e catas de A Conserveira (Ribeira), empanadas Ternura, A Despensa d`Lujo, Cafés Aruba, San Isidro Bakery, Queixo Galmesán, Chichalovers, queixos da DOP Arzúa – Ulloa e relatorios de Luís Paadín sobre os viños coruñeses foron as máis de 30 actividades que formaron a programación da Deputación en Madrid Fusión nun stand que tamén contaba con mostradores de exposición permanente para San Isidro Bakery, Empanadas Ternura, Bonilla a la vista, Chichalovers, A Conserveira e A Despensa d´Lujo.

“A nosa presencia en Madrid Fusión, un dos congresos gastronómicos máis relevantes do ámbito estatal, responde ao noso compromiso coa posta en valor de toda a cadea agroalimentaria da provincia, e garda tamén unha relación moi directa coa nosa nova campaña A paisaxe que sabe. Esta aposta pola nosa gastronomía como principal destino turístico, a través dos produtores e produtoras locais que están facendo un traballo excepcional e tamén dos restaurantes que están sendo recoñecidos internacionalmente, permítenos reforzar a mensaxe de que a nosa tradición, identidade, sector, patrimonio… que se reflicten tanto na paisaxe como na gastronomía son a nosa mellor marca” apuntaba o vicepresidente, Xosé Regueira.

Para a Deputación, engadía Regueira, “é fundamental o acompañamento por parte de produtores e produtoras locais a citas tan relevantes como Madrid Fusión. Deste xeito contribuímos a que abran mercado nestes eventos aos que seguramente non poderían acceder se non fora a través do noso stand. Aestratexia turística da institución provincial pasa pola xeración dun impacto socioeconómico e medioambiental positivo na contorna, impulsando a xeración de riqueza local, a fixación de poboación no rural, as iniciativas de emprendemento xuvenil… E todo iso facémolo en feiras como esta e por suposto, coa campaña A paisaxe que sabe“.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...