A Confraría e o Concello do Son ofrecen este mes de marzo un curso de balde de mariñeiro/a

28 Xaneiro 2025

A Confraría de Pescadores de Porto do Son, en colaboración co Concello, vai organizar na recta final de inverno un curso gratuíto de mariñeiro/a pescador/a. As sesións celebraranse entre o 10 e o 22 de marzo, en horario de 15:30h a 20:30h, no Edificio de Actividades Náuticas de Porto do Son (na fachada marítima).

O alumnado participante só terá que aboar 19,37€ como taxa do exame oficial da Xunta de Galicia. Dende a Confraría e o Concello destacan que todas as persoas participantes poderán facer despois o curso de Formación Básica en Seguridade Marítima, tamén con carácter gratuíto. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición, no Concello ou na propia Confraría, antes do 18 de febreiro. Máis información na web municipal de Emprego de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.