A ABE renova o acordo de colaboración coa avogada Patricia González Romero

16 Xaneiro 2025

A sede da patronal de Boiro (ABE) acolleu este xoves 16 de xaneiro a sinatura da renovación do convenio de colaboración con Patricia González Romero Avogada, que continuará colaborando coa asociación aportando o seu coñecemento no ámbito do dereito, en especial no ámbito do dereito mercantil. O acordo asinado polo presidente da ABE, Daniel García, ten unha vixencia de un ano e inclúe unha primeira consulta gratuíta e un desconto, do 15% sobre o arancel oficial do colexio de avogados de A Coruña. Segundo explicou García, esta primeira consulta e posterior desconto aplicarase tamén se un membro da ABE ten unha consulta do ámbito civil ou penal.

O presidente quixo destacar que “a especialidade da xurista é a reclamación de impagos, polo que os socios e socias da ABE continuarán tendo a súa disposición este servizo”

Pola súa banda, a avogada explicou que no tocante a reclamación de impagos “estudase cada caso de maneira particular e en función dese estudo decídese aplicar unha fase de recobro amistosa ou xudicial”. En virtude do convenio e para ambos casos, as socias da patronal boirense teñen incluídos descontos respecto a tarifa oficial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.