A 12ª edición do Noia Harp Fest celebrarase entre o 30 de xullo e o 2 de agosto

27 Xaneiro 2025

A organización do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (o Noia Harp Fest) anunciou as datas de celebración da nova convocatoria do certame, a duodécima edición. Desenvolverase finalmente os días 30 e 31 de xullo, e 1 e 2 de agosto. Trátase, como recordaremos, do único evento no noroeste peninsular dedicado a este instrumento.

Nadia Birkenstock no NHF nunha imaxe de Jerry Elefarte

O Noia Harp Fest, dirixido por Rodrigo Romaní, Beatriz Martínez e Alba Barreiro (e que conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, ademais da colaboración da Deputación da Coruña), é unha cita referencial do calendario musical do verán para todas aquelas amantes da arpa así como da diversidade artística; pois o evento reúne cada tempada numerosas bandas e solistas, tanto galegas coma internacionais, de diferentes estilos e orixes.

O fío condutor do festival é a interpretación a través da arpa, polo que durante unhas xornadas o público pode descubrir desde músicas ancestrais até creacións contemporáneas de vangarda, chegadas de países como Francia, Irlanda, Lituania, Paraguai, Polonia, Senegal ou Ucraína, e por suposto desde o territorio galego: precisamente o Noia Harp Fest é o evento que acolle, desde 2023, o Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, que reúne ao alumnado dos centros galegos para tecer comunidade, convivir e interpretar, xuntas, unha composición.

Momi Maiga nunha imaxe de Jerry Elefarte

O evento inclúe a celebración do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame innovador que pretende ampliar o repertorio actual de obras para arpa e orquestra. A súa terceira edición, aberta até o pasado 23 de decembro a creadoras e creadores de calquera nacionalidade, recibiu un total de 11 propostas orixinais chegadas de Alemaña, Arxentina, Austria, Colombia, España, Estados Unidos, Finlandia, Israel e Italia.

Encontro de Arpas de Galicia (autoría de Jerry Elefarte)

O galardón, que implica unha achega económica de 2.500 euros, suporá tamén a estrea da propia obra da man do NHF. Un xurado especializado, conformado por arpistas e directores de orquestra de recoñecido prestixio, será o responsábel de valorar e premiar as creacións, nas que se terán en conta, entre outros aspectos, a proposta creativa; o tratamento da técnica e da escritura para arpa -así como da orquestración-; a coherencia, proporción e equilibrio no traballo técnico; ou o equilibrio entre dificultade e resultado musical. Por último, o tribunal valorará de forma positiva aquelas obras con referencias á música ou á cultura galega. O fallo do xurado terá lugar o 13 de febreiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...