Presentación da X edición do obradoiro de emprego Tahúme, iniciativa para favorecer a empregabilidade da veciñanza

02 Decembro 2024

Participarán 20 alumnos/as, 10 de Porto do Son e 10 de Ribeira, e impartirase as especialidades de actividades auxiliares en
conservación e mellora de montes e en traballos de carpintería e moble.

A casa da cultura de Xuño acolleu hoxe a presentación da décima edición do obradoiro de emprego Tahúme, que comparten os Concellos de Porto do Son e Ribeira.
Así, durante os próximos nove meses impartiranse as especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en traballos de
carpintería e moble.
Trátase dun programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha aportación de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.
O alcalde sonense, Luis Oujo, destacou no acto de presentación, ao que tamén acudiu o concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo, a importancia destes talleres “que contribúen ao desenvolvemento económico e ofrecen oportunidades de emprego real na nosa contorna”.
“Esta é unha mostra máis da aposta do Concello mellorar a inserción laboral da veciñanza e por impulsar o emprendemento local”, ademais animou “a todas as persoas participantes a desfrutar desta experiencia de cara a mellorar a súa formación, que lles permitirá optar a postos de traballo máis estables”, concluíu.
Á presentación tamén acudiu a concelleira de Promoción Económica, Veva Betanzos, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, que puxo en valor “que ademais de formar a persoas en ámbitos como madeira ou forestal, o alumnado dos obradoiros desenvolven un labor beneficioso para toda a comunidade xa que os traballos desenvólvense en espazos públicos que desfrutan todas as veciñas e veciños”.
Listaxe de proxectos/obras previstas en Porto do Son neste Obradoiro:

  • Mantemento das pasarelas de madeira na praia de Coira, Portosín.
  • Reparación do peche de madeira do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño.
  • Instalación dun peche de madeira para o parque infantil de Nebra.
  • Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación na parroquia de Miñortos.
  • Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Trapa, na
    parroquia de Goiáns.
  • Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Coira, na
    parroquia de Goiáns.
  • Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Arnela, na
    parroquia de Baroña.
  • Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Castro, na
    parroquia de Baroña.
  • Mellora da masa arbórea no lugar de Xan Pasal, parroquia de Queiruga.
  • Mellora da masa arbórea no lugar de Madalena, parroquia de Ribasieira.
  • Mellora da masa arbórea no lugar da Ponte Medieval, parroquia de Xuño

Listaxe de proxectos/obras previstas en Ribeira:

Renovación dos accesos á pasarela da praia do Castro en Castiñeiras

Pasarela de madeira no campo de fútbol do Carreiro en Aguiño Reconstrución da ponte de madeira do río Listres entre Aguiño e
Castiñeiras

Restauración e bancos: Entorno da pasarela da Praia do Castro en
Castiñeiras así como outras tarefas en madeira

Actividades auxiliares en conservación e mellora do Monte de San Roque e
do río Pedrín

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...