PetSelect (JEALSA) recibe o Certificado de Compras Sostíbeis de AENOR

19 Decembro 2024

PetSelect, empresa referente na fabricación de alimentos húmidos naturais para mascotas, foi recoñecida por AENOR co Certificado de Compras Sostíbeis. Este prestixioso recoñecemento evidencia a conformidade do seu sistema de xestión coas directrices da norma ISO 20400 de Compras Sostíbeis. A certificación outorgada por AENOR subliña o compromiso de PetSelect coa sustentabilidade, a transparencia e a integridade en toda a súa cadea de subministro. A través deste sistema de xestión, a empresa garante a selección de provedores responsábeis, a integración de criterios éticos e medioambientais, e o cumprimento dos máis altos estándares internacionais en materia de compras responsables.

Luís Ramón Martínez Marañón, director Xeneral de PetSelect, sinalou que “este certificado de AENOR é un reflexo do traballo constante do noso equipo para incorporar a sustentabilidade en cada proceso da nosa organización. En PetSelect estamos convencidos de que un futuro con responsabilidade empeza con decisións conscientes na nosa cadea de subministro, e este recoñecemento reforza a nosa visión e compromiso co planeta e as nosas mascotas.”

A norma ISO 20400 establece as directrices para un sistema de xestión de compras que priorice criterios respectuosos co medio ambiente, sociais e éticos, fomentando boas prácticas entre os provedores e xerando un impacto positivo na sociedade e na natureza. Este logro coloca a PetSelect como un referente na industria e reforza a súa posición como un socio de confianza e comprometido.

PetSelect é unha empresa galega pertencente ao grupo boirense JEALSA e especializada na fabricación de alimentos húmidos naturais para cans e gatos. Cun forte compromiso cara á sustentabilidade e a innovación, PetSelect traballa con ingredientes naturais e envases responsábeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.