Pesar en Ribeira pola morte de Francisco Domínguez, Quico

31 Decembro 2024

Este 31 de decembro deixounos Francisco Domínguez, Quico (Ribeira, 1944), tras unha grave enfermidade que o mantivo afastado da actividade cultural galeguista á que estivo ligado durante décadas, tanto dende a súa localidade natal como, sobre todo, dende a súa terra de adopción, Vigo, onde presidiu durante anos a Fundación Penzol, creada 1963 por iniciativa de Fermín Penzol e centrada en salvagardar e reivindicar a súa valiosa biblioteca centrada na temática galega e de gran interese para incontábeis investigadores da nosa cultura. Quico tamén tivo unha importante actividade política, xa que foi refundador e secretario da Organización do Partido Galeguista entre 1978 e 1982 e previamente dirixente do Partido Galego Socialdemócrata. Tamén foi presidente da editorial SEPT, accionista e conselleiro da Editorial Galaxia.

Quico Domínguez. (Foto: José Gorís / Libraría Cartabón)

O seu falecemento foi comunicado pola Fundación Penzol deste xeito: “Unha fonda dor sentimos na Fundación Penzol ao comunicar o falecemento do noso padroeiro Francisco Domínguez Martínez (Santa Uxía de Ribeira, 1944-Vigo, 2024), o noso director case unha ducia de anos, entre 2010, cando sucedeu no cargo a Francisco Fernández del Riego, e 2021, ano en que decidiu retirarse da dirección. Incorporado ao galeguismo dende a mocidade, fixo desta causa de noso unha das súas razóns de ser. Por citar tan só tres dos seus compromisos, alén do xa aludido na Penzol: refundador e secretario de organización del Partido Galeguista (1978-1982); presidente da editorial SEPT e un dos impulsores da tradución da Biblia ao galego, e accionista e conselleiro da Editorial Galaxia. Pola súa coherencia vital e a fidelidade aos seus principios éticos, foi un exemplo a seguir para todas e todos nós”.

Nenez e mocidade

Quico nace no ano 1944 en Ribeira no barrio mariñeiro do Pombal, onde se conserva a casa familiar na contorna da praza de Teruel. O seu pai fora mestre represaliado na Guerra Civil debido á súa ideoloxía contraria ao movemento militar. Estudou Bacharelato en Ribeira logo perito industrial en Vigo, estudos que completou en Euskadi co título de enxeñeiro industrial. Logo volveu a Galicia e casou con Maribel Lens (filla do médico compostelán afincado en Ribeira, Humberto Lens) co que tivo dous fillos, Humberto e Sabela. Quico tamén era doutor da Universidade de Vigo.

Panexírico a Francisco Domínguez” – Ignacio Lens

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.