A maxia do Nadal chega a Ribeira coa visita dos Reis Magos ao local das Amas de Casa, situado na Rúa Monumento, número 5, en Entrechan. Este esperado evento terá lugar o sábado 4 de xaneiro de 2025, entre as 18:00 e as 20:00 horas.
Durante a celebración, Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán aos máis pequenos e repartirán chuches para as nenas e nenos das familias participantes. A actividade, organizada pola asociación Amas de Casa de Ribeira, busca manter viva a ilusión desta data tan especial.
Este encontro é unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos poidan interactuar cos Reis Magos antes da tradicional noite máxica. Convidamos a todas as familias a achegarse e gozar deste momento de alegría e tradición. Non o perdas!

A Asociación de Amas de Casa solicita aos Reis Magos a asignación dunha rúa en honra á súa Presidenta Fundadora
A Directiva e a Asociación de Amas de Casa dirixiron unha emotiva petición aos Reis Magos coa esperanza de que este ano se materialice a asignación dunha rúa en honra á súa Presidenta Fundadora, Magdalena Bringas.
Dita solicitude foi presentada formalmente o 8 de febreiro de 2022, e desde entón, a asociación mantivo viva a ilusión de que se recoñeza o labor e legado de Bringas, quen dedicou a súa vida ao fortalecemento e representación das amas de casa na comunidade.
A asociación destacou a importancia deste xesto como un recoñecemento á historia, os valores e o impacto que Magdalena Bringas deixou en xeracións de mulleres. Agora, esperan que a súa petición sexa atendida como parte dunha xusta homenaxe á súa memoria.



