O Concello de Rianxo informou do remate dos obradoiros gratuítos de uso de aplicacións móbiles e TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para persoas maiores de 55 anos organizados pola Concellería de Política Social. Nestas actividades formativas gratuítas para a veciñanza as persoas participantes aprenderon a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar en liña ou aproveitar o seu tempo de ocio na rede.
A segunda tenente de alcalde e concelleira de Política Social, Ana Vidal, valorou moi positivamente estes obradoiros no que se cubriron todas as prazas ofertadas en cada unha das parroquias.
As sesión formativas chegaron a todas as parroquias: Rianxo (o 2 e o 3 de outubro), Asados (os días 16 e 17 de outubro), Araño (días 30 e 31 de outubro), Taragoña (días 13 e 14 de novembro), Leiro (os días 27 e 28 de novembro) e Isorna (os días 11 e 12 de decembro).