O Concello de Boiro instala unha zona gaming para a mocidade no local Leñaverde durante o Nadal

20 Decembro 2024

O Concello de Boiro, no marco da programación de Nadal, organiza unha zona gaming con xogos e actividades pensadas para a mocidade a partir dos 8 anos. Estará instalada no local Leñaverde do Centro Social de Boiro os días 23, 26, 27 e 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

A zona gaming contará cun simulador de Fórmula 1, unha actividade para comprobar a destreza ao volante; lentes de Realidade Virtual para mergullar á rapazada noutras realidades como viaxar ao oeste ou montar nunha montaña rusa.

Contará tamén con dúas máquinas arcade que contan con máis de 3.000 xogos; unha zona de dardos para probar as habilidades de puntería; e outras propostas lúdicas pensadas para a mocidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.