Ludus Tonalis celebra en Dodro este venres un concerto solidario de Nadal

17 Decembro 2024

Este venres 20 de decembro terá lugar na Igrexa de San Xián de Laíño (Dodro), ás 20.00 horas, un concerto solidario de Nadal a cargo do Coro de cámara Ludus Tonalis.

Esta agrupación nace na Coruña no ano 1997, na actualidade está integrada por 8 compoñentes e ten como fin xeral “contribuír á recuperación e promoción do patrimonio coral galego mediante a investigación estudo e interpretación de obras corais da nosa cultura”.

Aínda que a súa especialidade é a interpretación de música antiga con preferencia a renacentista e a popular, a súa oferta musical é ampla e poden interpretar música antiga, medieval, moderna, pop, explicou o Concello de Dodro.

O venres Ludus Tonalis presentará a obra Lingua Nai, proposta pertencente ao Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña e aproveitará para amenizar este tempo de Nadal con composicións desta temática.

A entrada será de balde e en colaboración coa entidade Cáritas Dodro, solicitarase ao público a achega solidaria de alimentos e produtos non perecedoiros para axudar ás persoas e familias que o precisen.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.