Gastronomía e paisaxe danse a man en “La Guía de la Luz”, o libro fotográfico presentado en Boiro

27 Decembro 2024

A presentación correu a cargo de Adolfo Enríquez, o fotógrafo responsábel das imaxes da publicación, e Miguel Mosteiro, coordinador gastronómico do libro e autor de varias das receitas propostas. Tamén contou coa participación de Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués, un dos cociñeiros que colaboraron no libro.

O cociñeiro Miguel Mosteiro e o fotógrafo Adolfo Enríquez, presentaron en Gastrolab Arousa o seu libro, La Guía de la Luz.
Faros de Galicia y su Gastronomía
, unha publicación da que se editaron 2200 exemplares e que se atopa á venda en Gastrolab Arousa, ademais de en varias librerías de Santiago e nas tendas da Catedral.

Neste libro, exposto como unha guía turística e gastronómica, a presentación dos 35 faros galegos serve como vehículo para falar dalgúns dos produtos gastronómicos máis representativos de cada zona. A publicación contou coa colaboración de cociñeiras e cociñeiros como Alberto Carou, Lucía Freitas, Iván Domínguez, Caco Agrasar, Lara del Río ou Pedro Roca, entre moitos outros, que puxeron a súa creatividade ao servizo do libro e compartiron non só propostas de autor centradas en cada un dos produtos, senón tamén recomendacións de maridaxe para gozalas.

Na presentación, Mosteiro e Enríquez fixeron fincapé en que a publicación non é un libro de receitas, senón unha guía para descubrir a riqueza de Galicia desde un punto de vista paisaxístico, arquitectónico e gastronómico. Para iso, buscouse que o propio libro resultase visualmente atractivo, cunha edición moi coidada e imaxes de gran calidade. De feito, tal e como destacou Mosteiro, a primeira edición da Guía de la Luz foi adquirida practicamente na súa totalidade pola Agrupación industrial de Turismo de Galicia, que empregou o libro como ferramenta promocional. Con todo, Mosteiro non descartou a publicación dun próximo libro máis orientado aos amantes da cociña, no que si se detallen as indicacións para a elaboración de cada prato. O evento finalizou cun brinde do Nadal, no que os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar impresións con Mosteiro e Enríquez nun ambiente distendido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.