A sede da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu este 3 de decembro a presentación dunha das grandes novidades do Nadal en Santa Uxía: a pista de xeo instalada na explanada de porto, que estará operativa do 5 de decembro ao 12 de xaneiro que conta con arredor de 250 metros de cadrados de superficie baixo carpa, cunha área total de 400 metros cadrados.

Trátase dunha proposta de lecer impulsada pola patronal de Ribeira, que solicitou os permisos específicos e necesarios a Portos de Galicia para a ocupación do chan e que contou coa colaboración dos Concellos de Ribeira, da Pobra do Caramiñal e de Porto do Son, co obxectivo de completar e enriquecer a oferta destes territorios da comarca do Barbanza durante as festas de Nadal e fortalecer, a maiores, a dinamización comercial durante estas celebracións e a afluencia de visitantes.

A actividade da instalación comezará este xoves 5 de decembro, coincidindo coa data fixada polo Concello para o prendido das luces de Nadal en Santa Uxía e nas parroquias. A pista está situada a poucos metros de distancia do tradicional Belén urbano de Ribeira.
A actividade da instalación comezará este xoves 5 de decembro, coincidindo coa data fixada polo Concello para o prendido das luces de Nadal en Santa Uxía e nas parroquias. A pista está situada a poucos metros de distancia do tradicional Belén urbano de Ribeira. O custe será de sete euros, unha tarifa que será rebaixada para entidades sociais, colexios ou asociacións de nais e pais.
Na presentación interviñeron o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, o alcalde ribeirán Luís Pérez Barral, e máis a concelleira de Servizos Sociais da Pobra, Amparo Cerecedo. O rexedor congratulouse desta colaboración acadada e expresou a súa confianza na capacidade da pista para atraer persoas doutros concellos que “poderán desfrutar da instalación e do importante comercio local que temos en Ribeira”. Tamén lanzou un convite directo á cidadanía e aos visitantes a consumir no comercio local, de proximidade, porque así axudarán aos veciños e veciñas e levarán para a casa produtos e servizos de primeira localidade, ademais de xerar un impacto económico positivo nas nosas vilas e rúas”.
Como dixemos, a iniciativa conta co apoio dos Concellos da Pobra e O Son, onde, a través das patronais distribuiranse entradas que os establecementos participantes repartirán entre os seus clientes. Esta será tamén a fórmula empregada en Ribeira. O presidente da patronal ribeirá, Francisco Martínez Gude, sinalou na presentación que os locais que se impliquen na iniciativa (sexan dos sectores comerciais ou da hostalería e a restauración) terán marxe para elixir o método de distribución dos tíckets de acceso á pista de xeo.



