Comeza a conta atrás en Boiro para o inicio da nova edición do festival inclusivo Festiritititi

02 Decembro 2024

Coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, este martes 3 de decembro, a asociación inclusiva da nosa comarca Amicos vai celebrar no Pavillón de Barraña de Boiro, a partir das 12.00 horas, a edición 2024 do seu festival Festiritititi.

Contarase coa presenza da presidenta de Amicos, Esther Vidal, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, da directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, e da directora de Relacións Internacionais de JEALSA, Margarita Hermo.

A cita comezará a quecer motores ás 10.45 h, coa recepción de participantes e a benvida e o inicio de xogos inclusivos, estando previsto para as 12.00 horas o acto central e a celebración do gran xogo inclusivo.

Segundo explican dende Amicos, “o 3 de decembro é un día especial na axenda do Barbanza, non só por ser o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, tamén porque é o día escollido pola nosa asociación para celebrar o seu Festiritititi, o festival da inclusión coa que se conmemora tan importante data, e no que participará novamente un gran número de escolares, beneficiarios, cidadáns e representantes institucionais e empresariais, que se reunirán nun evento cheo de actividades, obradoiros, música e moita diversión.Na festa participarán máis de 1200 escolares de 20 centros escolares dos concellos do Barbanza e da redonda”.

O Festiritititi 2024 é posíbel grazas ao financiamento do Grupo JEALSA a través do seu programa de responsabilidade social e sustentábel We Sea, así como da colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, Gadis, Grupo Nosa, Fesba e McDonald’s Rías Baixas; e dos Concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Noia, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.