A Xunta reclama que o Goberno esixa responsabilidades á armadora do “Toconao”

08 Decembro 2024

A semana pasada cumpriuse un ano dende a localización na nosa costa dos vertidos de granulados plásticos do buque Toconao, que perdeu seis contedores deste material á altura de Viana do Castelo e cuxo contido inzou boa parte da costa galega e do Barbanza. Coincidindo co primeiro aniversario destes feitos, a conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez visitou a praia de Queiruga para informar que a Xunta presentará un recurso de alzada ao Executivo estatal demandando responsabilidades á armadora polo incidente que derivou nunha marea de bólas plásticas no noso litoral.

“Todos os galegos tivemos que afrontar un gasto de 2,6 millóns de euros que alguén nos ten que pagar, dixo, sinalando que o seu departamento xa estableceu contacto coa armadora do buque:: “Estamos en negociacións cos representantes da navieira. Non podemos permitir que algo totalmente alleo ás nosas competencias acabe sendo pagado por todos os galegos”.

Vázque aproveitou para criticar ao Goberno español e defendeu o papel despregado polo Executivo luso, que comunicou ao español o 8 de decembro a perda dos contedores por parte do Toconao “pero este non llo trasladou a Galicia ata 25 días despois”. Ademais, dixo que o Executivo central “apenas mobilizou medios para mitigar a chegada dos granulados á costa galega malia as peticións do Executivo galego”.

Facendo balance, dixo que as tarefas desenvolvidas nos areais e no mar polo persoal mobilizado pola Xunta permitiu retirar da costa arredor de 3.650 quilos de granulados (o equivalente a preto de 150 sacos de 25 quilos dos máis de 1.000 que transportaba o Toconao) e máis de 20.200 quilos de lixo asimilábel a residuos urbanos que se retiraron no marco deste dispositivo. A eles engadíronse preto de 1.400 quilos de residuos plásticos recollidos a pé de praia por voluntarios ou polos concellos, co que foron retirados das costas galegas algo máis de 5.000 quilos de granulados plásticos, o equivalente a máis de 200 sacos.

Estes residuos (gardados en puntos de almacenamento intermedio á espera da súa posible reclamación por parte da navieira, que finalmente non se pronunciou neste sentido, segundo advertiu a conselleira) foron valorizados nas instalacións que sOGAMA ten en Cerceda pois estaban mesturados con outros residuos e materiais presentes nas praias.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.