A xira dos Bolechas deste Nadal fará unha parada en Padrón o 27 de decembro

09 Decembro 2024

Volven Os Bolechas polo Nadal, e xa son uns cantos anos que a rapazada galega ten a sorte de poder festexar estas datas coa familia creada por Pepe Carreiro. A nova xira dos Bolechas foi dada a coñecer este luns 9 de decembro (no Pazo de San Roque, en Santiago) polo secretario xeral de Lingua, Valentín García, que sinalou que se trata dunha actividade do seu departamento para dinamizar o galego nestas datas e que a proposta, que conta coa colaboración da CRTVG e de Gadisa, percorrerá oito concellos galegos dende o 26 de de decembro até o 4 de xaneiro. A través da xira difundiranse entre a cativada os tradicionais Cantares de Reis.

Así o deu a coñecer hoxe en Santiago de Compostela o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou que esta proposta “é xa unha cita cultural consolidada” entre as familias galegas na campaña de dinamización da lingua para estas festas.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que esta actividade, de entrada libre e de balde, percorrerá, entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, oito concellos galegos: os coruñeses de Padrón e Melide, os pontevedreses da Estrada e Redondela, os lucenses de Burela e Abadín e os ourensáns de Verín e Celanova.

Valentín García destacou o papel dos Bolechas como “referentes galegofalantes para a xente miúda” e puxo en valor que se tire proveito do “seu grande éxito” entre os máis pequenos e pequenas “para achegar dun xeito divertido o valor do rico patrimonio oral en galego co que se conta en Galicia” e conseguir que estes cantares “acaben incorporándose no repertorio de Nadal entre as novas xeracións e se recuperen entre as familias”.

A xira dos Bolechas cos Cantares de Reis comezará o xoves 26 de decembro na Estrada e, ao día seguinte, 27, fará parada en Padrón. A programación continuará en Melide, o sábado 28 de decembro, para achegarse a Celanova, o domingo 29 de decembro. Rematarase decembro cunha actuación o luns 30, en Burela.

Finalmente, os espectáculos dos Bolechas para este Nadal continuarán en xaneiro de 2025 cunha representación en Verín, o venres 3 de xaneiro, e outra en Redondela, o sábado 4 de xaneiro.

Toda a información coas datas exactas, lugares e horas pode consultarse no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...