A Policía e o Concello de Rianxo reivindican o servizo local de taxis como alternativa segura para os desprazamentos nestas festas de Nadal

23 Decembro 2024

A Policía Local de Rianxo e o Concello, coincidindo novamente con estas festas de Nadal, unha tempada na que aumentan os casos de persoas ao volante tras ter sumido alcol ou outras sustancias, volveu lanzar a súa campaña Ti Decides, a través da cal faise un chamamento ao sentidiño á hora de collermos o noso vehículo propio logo das, por outra banda, habituais celebracións desta época do ano.

A edición 2024 da campaña pon o foco na importancia de reivindicar o servizo de taxis, que no caso de Rianxo conta novas licenzas e cun completo e mellorado servizo que se ofrece como a mellor alternativa posíbel para os desprazamentos locais que coincidan coas celebracións. “Queremos animar á veciñanza a que utilice este servizo para desprazarse despois de ter consumido bebidas alcohólicas, e evitar deste xeito outras posíbeis consecuencias no caso de conducir nestas condicións”, sinalan dende o Concello e a Policía a propósito desta nova edición da campaña.

Nela, como facianas visíbeis, participan un axente da Policía Local, o alcalde e o tenente de alcalde e máis os 6 taxistas que hai actualmente no termo municipal.

A iniciativa tenta evitar que haxa condutores nas estradas, e que no caso de que teñan que coller os seus vehículos, recorden que existen alternativas seguras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.