A Pobra incentiva as compras de proximidade repartindo agasallos cun xogo

27 Decembro 2024

Estas son datas para agasallar e a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal quere obsequiar por este Nadal ás persoas que apoien aos negocios de proximidade.

Por iso, presentando o tícket de compra no comercio local ou o de consumición nos establecementos hostaleiros, entrarase nun xogo e optarase a gañar un xoguete.

A dita actividade desenvolverase no 28 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, na praza de Maura.

Segundo declarou a edil Amparo Cerecedo, esta medida “engrosa as iniciativas que desenvolvemos a prol dos nosos negocios, non só durante o Nadal, senón que tamén ao longo de todo o ano. Temos un tecido comercial e hostaleiro con moito que ofrecer e queremos potencialos, queremos que a xente merque no local. Así, o fluxo económico que se xera por estas datas redunda positivamente no noso municipio. Porque investir na nosa hostalaría e comercio é investir na Pobra”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...