A exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo recala en Ribeira

04 Decembro 2024

O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, inaugurou este mércores 4 a exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo. Foi no Centro Cultural Lustres Rivas e segundo sinalou, poderá contemplarase até o 18 deste mes de decembro. A mostra vén da man da Deputación da Coruña.

Trátase dun concurso artístico de referencia a nivel galego xa consolidado e que ten como fin impulsar as creacións dos artistas da nosa comunidade e ao tempo poñer en valor a nosa cultura, facendo un chamamento ás voces artísticas consolidadas pero tamén ás emerxentes.

Nesta edición o xurado escolleu 17 pezas de videocreación, instalacións audiovisuais, fotografía, escultura, gravado e outras formas de expresión artística. Entre elas está erre melón, do fonsagradino Berio Molina Quiroga, escollida como gañadora por unanimidade. Unha peza en vídeo que reflexiona sobre a linguaxe e as formas de comunicación que se sitúan fóra do normativizado.

Estamos polo tanto ante unha mostra que é a oportunidade perfecta para dar a coñecer as mellores creacións artísticas do momento e por iso convidamos á veciñanza a visitala pois a entrada é gratuíta, co horario habitual de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.