Rogelia dos Outeiros e Fran Rei representan “Soa” este venres en Rianxo

22 Novembro 2024

No marco das xornadas Camiñando cara a igualdade, organizadas pola Concellería de Política Social co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Auditorio de Rianxo acolle este venres 22 o monólogo Soa.

Neste espectáculo atopámonos cunha muller que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia, unha válvula de escape para liberarse da pesada carga que sempre lle acompaña. Desvélasenos deste xeito “unha cruel realidade” que leva agochada xa demasiado tempo, nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia. Porén, e a pesar das circunstancias, o humor está sempre presente e as situacións cómicas serven de catalizador para esta muller que, pouco a pouco, vai conquistando á audiencia.

A entrada será de balde ata completar capacidade.

Dirixida por Fran Rei, Soa é a primeira produción en solitario da xa veterana actriz Rogelia dos Outeiros.

Duración: 55 minutos.

Pública: Non recomendada para menores de 12 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.