“Os interesados na circulación de bulos intensifican a campaña contra o presidente do Goberno”. Antón Luaces

05 Novembro 2024

Comprendo que determinados políticos percuren acubillo onde antes, cando exercían os seus cargos, nada querían saber, oficialmente, de achegamentos que actualmente asumen gratuitamente e sendo sabedores do dano que ocasionan a aquel a quen se refiren.

É o caso da xa célebre frase “se queren axuda, que a pidan”, que de xeito gratuito adxudican ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e que fóra de contexto, adquire efectos maliciosos e prexudiciais para aquel en relación coa catástrofe xerada pola DANA que arrasou boa parte da costa mediterránea española e que eu, coma moitos máis, supoño, escoitamos sen o máis mínimo equívoco na versión orixinal completando unha frase que, a priori, nada tiña de ofensiva para o actual xefe do Goberno.

Posto todo isto en boca do ex presidente do Goberno español,  Felipe González, ben troceado, fai que un non saia do asombro porque o verso libre do señor González non debera ser usado para invalidar a quen como el  ben sabe, de ser malinterpretado pode causar -como causou- incómodas situacións. E, obviamente, os partidos da oposición a Sánchez aproveitan todo o posible esa xanela da casa allea aberta por un membro da mesma familia política de Sánchez.

Porque o ex presidente González non ten bula para espallar bulos deste calibre. A súa enorme experiencia neste senso debera levarlle a sopesar canto dí e non convertirse en galo de curral alleo para se meter onde nada ten que pintar e menos se é para prexudicar a quen ainda é, amais de presidente do Goberno español, secretario xeral do seu mesmo partido.

Ten interese González en atacar a Sánchez para beneficio de Feijoo?. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...