Os bombeiros de Boiro rescatan a unha muller de 97 anos con alzheimer ferida tras caer no seu domicilio e que era a coidadora dunha persoa centenaria

03 Novembro 2024
Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Sobre as 11.30 horas o 061 solicita aos bombeiros de Boiro a apertura dunha vivenda para atención sanitaria dunha persoa caída na súa vivenda. Na rúa Pablo Iglesias, no Concello Boiro. No lugar espera unha ambulancia e persoal médico do PAC de Boiro para atender a persoa ferida.

O persoal sanitario indicoulle aos bombeiros que nun principio viñan a atender a unha persoa de 103 anos que ten dores abdominais  e ao chegar atopan  que a persoa que a atende a centenaria,  de 97 anos, acaba de caer e ten alzheimer e non é capaz de levantarse.

Os bombeiros procederon a abrir a porta do domicilio cun descenso controlado desde o piso superior, un terceiro. Desde unha terraza anexa á vivenda afectada que é un segundo. Tras analizar a situación lograron  abrir a porta da terraza e facilitar a entrada do persoal sanitario ás 12:20 horas.Unha vez dentro o persoal sanitario se fixo cargo da atención das dúas mulleres

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.