O XXVI Encontro dos Maiores de Outes celebrarase finalmente o 30 de novembro

25 Novembro 2024

O Concello de Outes confirmou finalmente que a XXVI edición do Encontro dos Maiores vaise celebrar o vindeiro sábado 30 de novembro ás 14:00 horas no Pavillón Municipal da Serra de Outes. Na información subministrada polo Concello engádese que só poderán asistir as persoas que xa fixeran previamente a inscrición e que aquelas persoas que non poidan asistir deberán comunicalo no Centro Social ou a través do teléfono 981 850 575 (de luns a venres de 09:00 a 13:30 horas). Lembrar que o Encontro dos Maiores estaba previsto en inicio para o día 26 de outubro pero, para velar pola saúde da poboación, tivo que ser aprazado polo episodio de contaminación da auga para consumo no termo municipal, que, como recordaremos, provocou varios casos de gastroenterite na veciñanza por contaminación microbiolóxica.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.