O PP de Ribeira reclama máis seguridade e melloras na iluminación na travesía de Padín

25 Novembro 2024

O Partido Popular de Ribeira, a través do concelleiro Eladio Muñiz Muñiz, vai presentar ao pleno da Corporación un rogo relativo á situación na que se atopa a travesía de Padín, que, segundo veñen de lembrar os veciños, ten serios problemas de iluminación e, polo tanto, de seguridade.

Os populares informan que “logo dun encontro con residentes, no que se nos expuxeron certas preocupacións e iniciativas para poder mellorar a convivencia e a calidade no entorno, púxose de manifesto que a gran problemática que teñen é que nesa zona existe algún punto de venta de droga e, en numerosas ocasións, esa travesía serve de lugar de intercambio e de consumo de estupefacientes causando un agravio e un malestar na vida cotiá para a veciñanza que reside alí”.

A agrupación recorda que “a zona obsérvase escura, con falta de iluminación, o cal aínda facilita que o espazo sexa utilizado coma agocho para levar a cabo estas prácticas ante a incomodidade de nenos e maiores”.

O PP reclamará no pleno “a dotación de reforzo de iluminación na dita rúa, así como o incremento de presenza policial nos arredores que poidan achegar maior seguridade ao vecindario”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.