O Conservatorio de Ribeira organiza o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol

30 Novembro 2024

Este venres 29 de novembro presentouse no Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol, coa presenza concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira e promotora deste seminario.

Cruz Rivadulla informou que “este é o primeiro dos 3 seminarios, un por trimestre”, e “que rematarán con cadanseu pequeno concerto polas igrexas do municipio”.

Anxela Vidal, que organiza estes encontros dende o departamento de instrumentos
antigos do Conservatorio Municipal, puxo en valor a gaita na música antiga, “a gaita de fol é un instrumento que normalmente o asociamos á música tradicional e popular; sobre todo na nosa terra, pero neste caso, neste contexto, queremos tratalo coma un instrumento erudito da música culta porque realmente ten un transcurso histórico moi grande que comeza dende a
Idade Media e que realmente ten un repertorio que socialmente é descoñecido, entón pareceunos importante impulsar o recoñecemento deste repertorio” . Engadiu que esta actividade formativa “non só está enfocada a xente que só toque instrumentos da música antiga, senón que tamén é unha boa opción para persoas que tocando instrumentos modernos, como o piano, o clarinete ou o saxo; se queiran adentrar en repertorio histórico” finalizou.

O seminario está integrado dentro dun proxecto de recuperación da gaita de
fol para a música de cámara e centrarase no repertorio composto antes de 1800.

O profesor titular será Paulo Gonçalves, especialista de música antiga de Galicia. O seminario desenvolverase do 30 novembro ata o 1 decembro e terá tres modalidades, unha activa para persoas do centro, para as persoas que queren asistir ao curso tocando; outra activa para persoas externas ao centro e a modalidade oínte, aberta para tódalas persoas, sexa músicos ou non.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

    “Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

    Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.