O Concello de Outes solicita a Augas de Galicia a limpeza do leito do Río Tins

08 Novembro 2024

O pasado mes de outubro a borrasca atlántica Kirk ao seu paso por Galicia orixinou fortes chuvias que pronto se transformaron en riadas de un intenso caudal, especialmente na bacía do río Tins, pertencente ao termo municipal do Concello de Outes. Estas riadas provocaron inundacións que ocasionaron danos e desperfectos en numerosos edificios e outros lugares nas zonas más próximas á desembocadura, na Serra de Outes.

O río Tins está catalogado como unha área de risco potencial significativo de inundación, e incluída no Plan de Xestión do Risco de Inundación da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Na actualidade hai numerosas árbores arrincadas, táboas e lixo voluminoso proveniente de augas arriba que están provocando atrancamentos nas zonas máis chairas e con maior risco de inundación polo que urxe retirar todo ese material para mellorar o comportamento hidráulico e minimizar os efectos das seguintes avenidas que poidan ter lugar nos vindeiros meses. Por este motivo o Concello de Outes solicitou á administración hidráulica Augas de Galicia a limpeza do leito do río Tins e dos seus afluentes, co fin de retirar os elementos voluminosos que estean obstaculizando o fluxo de auga e reducir a perigosidade e diminuír os posibles danos que poidan provocar as próximas avenidas. 

Do mesmo xeito, segundo indicou o alcalde Manolo González, foron numerosos os desperfectos causados pola riada na infraestrutura municipal do paseo fluvial da Horta do Muíño, “danos que están sendo avaliados polo Concello de cara a acometer canto antes se poidan as actuacións de restauración e arranxo precisas”, apuntou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.