O Concello de Boiro colabora coa recollida solidaria de libros de Comprarcasa Mirabén e Cáritas para o Nadal

21 Novembro 2024

O Concello de Boiro colabora un ano máis na campaña solidaria que Comprarcasa Mirabén realiza durante o Nadal en beneficio de Cáritas. O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 21 de novembro na presentación da campaña xunto con Fernando Casas e Leticia Domínguez, de Comprarcasa Mirabén, e Cecilia Parada, de Cáritas

Despois do éxito da pasada edición, este ano repiten coa recollida de libros baixo o lema Merendas de Nadal cheas de historias. Ademais da recollida de libros para todas as idades, tamén se recollen alimentos propios de merendas de Nadal: “É unha campaña que pensa nos máis pequenos e na súa ilusión para estas datas coa recollida de libros e alimentos pensados para merendas”, afirmou Fernando Casas.

“Para nós é un orgullo colaborar novamente cunha campaña coma esta na que empresas e entidades realizan accións conxuntas que teñen un fin social”, recoñeceu o alcalde. A recollida farase entre o 20 de novembro e o 20 de decembro na oficina de Comprarcasa Miraben na rúa Principal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.