“Manipulación, trolas e desinformación” – José Manuel Pena

28 Novembro 2024

O paso do tempo ponnos enriba da mesa unha absurda realidade sobre o actual ambiente político en España, moi contaxiado polo poder do centralismo ou nacionalismo madrileño. A manipulación, as trolas e a desinformación son algunhas circunstancias que nos impiden ver a realidade. Se a iso unimos o pouco sentido da responsabilidade e da independencia dalgúns xuíces, entón todo converter nunha mafia encuberta, que só benéfica a unha parte do poder político e mediático.

A dereita madrileña, das últimas décadas, foi un foco de corrupción e caciquismo. Compran, con suculentas axudas económicas, a varios medios de comunicación e as vontades de moitos axentes empresariais e membros do poder xudicial para que miren para outro lado ou alonguen e entorpezan os procedementos xudiciais.

España non pode seguir sendo o reflexo da política centrista e nacionalista madrileña. Organizacións e entidades como Manos Limpias ou Hazte Oir tratan de impoñer situacións de excepción con puro e duro enfrontamento contra o Estado de Dereito e democrático. Utilizan a Xustiza para os seus propios intereses partidistas, a través de mentiras, falsidades e insultos cara a todo aquilo que se move e non concorde co seu feudalismo máis arcaico e rancio.

A estas alturas xa ninguén dúbida de que a dereita e a extrema dereita española o único que desexa, custe o que custe, é acabar co goberno progresista do estado. Non lles importan os medios para utilizar senón o fin último. Os cidadáns estamos obrigados a discernir a verdade da mentira e dos meros intereses partidistas, diso depende a nosa supervivencia como sociedade.

Outros artigos

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

+

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

+

“Cando sobran motivos para non calar”. Antón Luaces

Confeso a miña particular admiración polo xornalista Isaías Lafuente Zorrilla a quen sigo actualmente grazas á súa intervención semanal no programa "24 horas", de RTVE, que presenta e dirixe na 2 o tamén xornalista (galego) Xavier Fortes.  Nesta oportunidade...

+

“¿Libertad de expresión?” – Manuel Domínguez

Seamos honestos, uno no puede ser libre cuando la barriguita le grita, porque en la mesa falta el pan. Uno no puede informarse en los medios de prensa, cuando económicamente son deficitarios, y mal viven a expensas de subvenciones, unas veces de babor otras de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.