Localizan o corpo sen vida dunha persoa flotando no mar en Cambados

29 Novembro 2024

Ocorreu en Santo Tomé, na praia que se atopa a carón do paseo marítimo, e foi un particular quen informou ao 112 Galicia de que vía o corpo dunha persoa flotando a poucos metros da area. Desde o primeiro aviso, ás 16:30 horas, o alertador apuntou a posibilidade de que a implicada estivese falecida.

Con esta información, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados.

Os servizos de emerxencias rescataron rapidamente á persoa, para a continuación practicarlle manobras de reanimación. Malia os esforzos, só se puido confirmar o seu falecemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.