Homenaxe a Josefina Blanco en Cambados

20 Novembro 2024

O Foro Galicia e Valle-Inclán promoveu unha serie de actividades centradas en homenaxear ao escritor vilanovés.

Homenaxe cívica a Josefina Blanco Tejerina e a Joaquin del Valle-Inclán Blanco, a actriz que foi muller e o rapaz, primeiro fillo varón do matrimonio, respectivamente, do grande escritor Ramón del Valle-Inclán Peña.

Memorial organizado polo FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, entidade de ámbito galego que preside o seu neto e biógrafo Xaquín del Valle-Inclán Alsina, en colaboración entre as vilas valleinclanianas: Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Ángel Varela e Víctor Viana, padroeiros de Vilanova da Arousa, e Liso González, titular da Concellaría da Cultura do Concello de Cambados. Imaxes tomadas da prensa gráfica onte, como cada 19 de novembro, no cemiterio de Santa Mariña Dozo, onde xacen.

Gloria Rico, actriz e directora da compañía Teatro En Punto, de Santiago de Compostela,fixo unha lúcida lectura dramatizada da entrevista concedida por Josefina Blanco a á xornalista e política Margarita Nelken en 1917.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.