En marcha Toma Castaña, o novo roteiro de petiscos de Ribeira

20 Novembro 2024

Coa intención de “desestacionalizar e dinamizar o comercio e a hostalería de Ribeira”, chega esta tempada a primeira edición de Toma Castaña, un roteiro temático co produto estrela do outono que vai a ser cociñado polos diferentes locais participantes da localidade. Os detalles da iniciativa foron dados a coñecer este 20 de novembro polo segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta que se encargou de explicar esta nova iniciativa do outono que promove Turismo de Ribeira. Segundo dixo, o obxectivo é enxalzar “un produto puramente do outono galego como é a castaña, que permite facer unha gran variedade pratos que se poderán degustar este venres 22 e o sábado 23 de novembro nos cinco locais participantes da hostalería de Ribeira”.

A listaxe de locais está integrada por Beizos Gastrobar (Foie con puré de castañas), Pizzeria D ́Vicio (D ́elicia de castaña), A Recoveira (Vaia castañazo!), Chiringuito Pedra Pateira (Delicia de outono!) e A Caseira (Castañazo).

Suárez-Puerta insistiu no feito da desestacionalización e seguir traballando nela precisamente nestas datas de menos afluencia e sinalou “conseguir que veciños de toda a comarca e turistas se acheguen a Ribeira e poidan gozar do produto estrela do outono galego e da hostalería local”. Tamén engadiu que “os petiscos non terán custe algún; a idea é pouco a pouco ir asentando no tempo este tipo de actividades para reforzar a afluencia de xente en tempada baixa”.

Co recente éxito da Ruta do Lirio e Máis que Tapas” incorpórase ao calendario de roteiros gastronómicos Toma Castaña nesta primeira edición.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.