Ampliada a domingo a alerta laranxa por temporal costeiro e activada outra por vento na Coruña

23 Novembro 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro ao litoral suroeste da Coruña e ás Rías Baixas de Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso activo no noroeste e oeste do litoral da Coruña, por vento do sur ou suroeste forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros mar adentro, ampliarase a partir das primeiras horas da próxima madrugada.

Ademais, a primeira hora desta tarde activouse a alerta laranxa por vento de compoñente sur con rachas de ata 100 km/h no oeste e suroeste da Coruña. No noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, a alerta é amarela por ventos de ata 80 km/h. A alerta amarela estenderase mañá ao centro e montaña de Lugo, así como ao interior da Coruña e de Pontevedra e ás Rías Baixas.

Para mañá actívase tamén unha alerta amarela por choivas en diferentes áreas da Coruña e de Pontevedra. O fenómeno meteorolóxico adverso comezará a primeira hora da mañá cunha precipitación acumulada en 12 horas de 60 mm no oeste e suroeste da Coruña e nas Rías baixas e Miño de Pontevedra. No oeste, interior e suroeste da Coruña agárdanse tamén chuvias acumuladas de 20 mm nunha hora e de 40 mm en 12 horas para o interior da Coruña e de Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ante a alerta por vento, sinálase a importancia de seguir as medidas de protección, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento. Ademais, coas fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.