Ambar participa en diversas accións en comunidade polo 25N

25 Novembro 2024

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional participou activamente en varias das accións levadas a cabo na Barbanza polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, este luns 25 de novembro.

Así, no concello de Boiro representouse As Paisaxes de Camille, unha acción artística sobre a loita da violencia de xénero no rural, realizada por Elas, grupo de artes escénicas de Ambar. O acto enmarcouse na parada institucional e a lectura de manifesto que tivo lugar diante do Consistorio.

Por outra banda, un pequeno grupo de Centro de Día animouse a participar na xornada deportiva proposta polo Concello de Porto do Son, Aquagym en Igualdade, enmarcada dentro da programación de actividades sobre Igualdade e Contra a Violencia de Xénero polo 25 de novembro.

No Concello de Ribeira, Ambar participou no acto Institucional e lectura do manifesto que tivo lugar na praza de España e no que tamén participaron centros educativos da zona.

Por último, un ano máis, levouse a cabo a campaña proposta pola Deputación da Coruña, De Fronte contra a violencia de xénero. Nesta ocasión tratouse dun acto simbólico no que varias persoas leron uns extractos de testemuñas de mulleres que quixeron sacar á luz a súa experiencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.