“A cultura da prevención” – José Manuel Pena

07 Novembro 2024

A cultura da prevención tería que ser algo básico en calquera sociedade, con todo non sempre é así e logo lamentámonos das consecuencias, cando xa é demasiado tarde. Todas as empresas teñen que cumprir coa Lei sobre Riscos Laborais, para protexer a todos os seus traballadores, tanto sexa en situación normal como en casos extraordinarios. Ao mesmo tempo, non o esquezamos, as diferentes administracións e organismos públicos tamén están sometidos á legalidade vixente.

É certo que non todos os políticos e gobernantes son iguais e está demostrado que é así. Uns preocúpanse e adiántanse ás situacións de risco, poñendo os medios necesarios para que sexan o menos daniño e perigoso para a poboación. Outros, céntranse na política da xeración de riqueza e o amiguismo para ocultar a realidade sobre futuras desgrazas ou desastres. Algo así ocorre cos depósitos de O Ferrazo, con Ence, con Altri, con varias empresas que verten os seus residuos ao mar, sen ningún tipo de control nin supervisión por parte das autoridades locais nin autonómicas correspondentes.

Moitos mariscadores e pescadores, así como as súas familias, levan tempo queixándose da falta de compromiso das autoridades ante os casos de contaminación mariña e ambiental. Logo chega a mortaldade do marisco e a contaminación das pesqueiras que mingua a capacidade extractiva e leva á miseria económica a miles de familias que viven honradamente de explotar os recursos naturais.

Outros artigos

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

+

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

+

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...