A Banda Municipal de Música de Lousame actuará na Casa da Cultura para festexar a Santa Cecilia

28 Novembro 2024

Co gallo de festexar a Santa Cecilia, patroa dos músicos, a Banda Municipal de Música de Lousame ofrecerá un concerto mañá venres 29 de novembro. A actuación terá lugar ás 21 horas no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. Dicir que a entrada é libre e de balde até completar o aforo.

Os integrantes da banda interpretarán diversas pezas musicais: desde a Obertura Alvamar, de James Barnes, pasando por unha ruada de José Oro Val, até temas máis actuais como algún da banda británica Coldplay ou o tema central da banda sonora do filme Como adestrar ao teu dragón.

Engadir que este evento está organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo e conta coa colaboración do Concello de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.