Rematan hoxe con dúas actividades conmemorativas, as XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

28 Outubro 2024

O programa de actos da vixésimo sexta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán chega ao seu remate coa conmemoración do nacemento do literato, este mércores 30.

“Despedimos unha nova edición deste outubro valleinclaniano. Unha quincena de citas culturais coas que aprendemos, descubrimos e puxemos en valor o legado dunha figura primordial no mundo das letras a nivel internacional. Variedade no número e natureza das propostas para que as novas xeracións e o público en xeral nos aproximemos e coñezamos máis sobre o universo valleinclaniano”, manifestou a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

A música tradicional soará con Os Caraveiros, das 12.00 horas en diante, por espazos do centro urbano para dar paso, ás 12.30 horas, á tradicional ofrenda cívica, no Cantón da Leña.

Incorpórase novamente o plantado da camelia Valle-Inclán, que se efectuará na praza de Galicia, ás 13.00 horas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.