Pobra celebra este venres o espectáculo combinado de drons e fogos aprazado das festas do Nazareno

23 Outubro 2024

A Pobra vai resolver este venres 25 de outubro un dos capítulos pendentes das pasadas festas do Nazareno, cando as fortes rachas de vento do luns 16 de setembro obrigaron a adiar o espectáculo combinado de drons e fogos de artificio como colofón dos festexos. Agora, aproveitando a previsión meteorolóxica para esta fin de semana, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e a comisión de festas do Nazareno xa teñen fixada a data na cal se iluminará o ceo nocturno da localidade: venres, 25 de outubro, ás 23.00 horas.

“Despedimos xa a vertente lúdica da programación do Nazareno. Tivemos varias reunións para analizar datas e volver activar todo o dispositivo para que todo saia o mellor posible e garantindo a seguridade. Escollemos a noite do venres porque é a que presenta mellores condicións meteorolóxicas de toda a fin de semana. Somos conscientes da expectación que espertou este espectáculo e non é para menos: é o primeiro destas características en toda Galicia. Aquí conxugaranse os drons, de Flock Drone Art, e os fogos de artificio e acuáticos ao compás da música”, declara a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Para non perder ningún detalle, recoméndase situarse no propio paseo dos Areos, a partir da rampla, mirando cara ao mar.

“Será un día moi completo.” Así o cualifica o presidente da comisión de festas do Nazareno, José García, quen remarca a envergadura desta cita. E, para tal evento, non faltará tampouco a música. Haberá verbena coa orquestra Gran Parada, a partir das 21.30 horas, que continuará coa segunda sesión logo do espectáculo. A maiores, actuará unha Disco Móbil. Como xa é habitual, o epicentro será a praza do Alcalde Segundo Durán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.