
O Concello de Ribeira informou que o Mercado Municipal pechará os días 28 e 29 de outubro por mor dunha nova man de pintado do chan cun árido máis groso e antiescorregadizo.
Fontes do Consistorio explicaron que a aplicación de dito árido non pode exceder os valores establecidos por Sanidade polo que dita aplicación require dun equilibrio entre o grosor a aplicar e o limiar legal.
Os labores de pintado efectuaranse o sábado pola noite e o domingo; deixando o luns e martes para o seu secado.
O tenente de Alcalde e concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, manifestou a súa preocupación polos patinazos sufridos e pediu desculpas polos danos causados durante a fin de semana pasada: “Os técnicos informaron o pasado mércores do estado do chan e ao día seguinte procedeuse a unha continxencia cunhas alfombras antiesvarantes e carteis informativos estando máis afectada a zona da máquina de xeo que xunto cas choivas fixeron que se escorregara máis”.
“Para garantir a seguridade da veciñanza procederase a unha nova man de pintado novamente”, manifestou Mariño.



