O Concello de Outes adía o Encontro dos Maiores polas incidencias da auga da traída

22 Outubro 2024

O Concello de Outes decidiu aprazar a XXVI edición do Encontro dos Maiores por mor dos problemas que está a sufrir o abastecemento de auga para consumo no termo municipal, que, como lembraremos, provocou varios casos de gastroenterite na veciñanza por contaminación microbiolóxica. En palabras do Goberno local, “co obxectivo de velar pola saúde da nosa terceira idade, pospoñemos o Encontro dos Maiores, que estaba previsto para este sábado 26 de outubro, ate novo aviso á espera de que a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia remate de elaborar todas as analíticas pertinentes e se levante a prohibición de consumo de auga”.

Dende o Concello recoñecen a súa intención de “celebrar a xuntanza coa maior brevidade posíbel, pero garantindo sempre as mellores condicións sanitarias”. Engaden que informarán da nova data do encontro en canto se conte co visto e prace da Consellería e sexan levantadas as restricións e a loxística o permita. As reservas xa feitas manteranse e non será preciso, por tanto, anotarse de novo.

Outros artigos

O río Tins consolídase como un laboratorio vivo de sustentabilidade

A renaturalización fluvial, a mellora do bosque de ribeira e o fomento da biodiversidade do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes son os obxectivos cos que naceu Renatur_Outes, un proxecto que acaba de presentar na Facultade de Bioloxía da Universidade de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.