O Concello de Boiro organiza un curso STEAM para a rapazada

09 Outubro 2024

O Concello de Boiro ofrece un curso de STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) para nenas e nenos, co obxectivo de fomentar a súa aprendizaxe en cuestión de tecnolóxicas básicas. Porase o foco na robótica, na Realidade Virtual, nos drons e no hardware-software libre Arduino, ideal para crear o nosos propios enxeños e dispositivos. Favorecerase unha contorna educativa e lúdica.

En termos máis concretos, o curso abranguerá unha introdución ao manexo de vehículos aéreos non tripulados, conceptos básicos de impresión 3D, unha introdución á Realidade Virtual e á robótica, conceptos prácticos sobre o uso seguro de Internet e nocións sobre como empregar e facer diversas ferramentas dixitais. Tamén haberá xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática.

As clases terán lugar na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, todos os luns dende o 4 de novembro ata o 27 de xaneiro de 2025 en horario de 17.00 a 19.00 horas. Poderán participar aquelas persoas nadas entre o 2010 e o 2016 e o único requisito é mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica así como contar coa autorización de pais ou titores.

O prazo de inscrición estará aberto entre o luns 14 e o venres 19 de outubro e deberá facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro presentando o formulario de inscrición debidamente cumprimentado. A documentación e toda a información sobre o curso está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.