O CAD da Pobra loce unha decoración de medo polo Samaín

31 Outubro 2024

Pantasmas, morcegos ou personaxes de medo de debuxos animados protagonizan a decoración que loce o CAD situado na Pobra do Caramiñal polo Samaín.

Novamente, persoas usuarias do centro ocupacional puxéronse mans á obra para que non falte detalle á entrada do centro. Trátase dunha das actividades levadas a cabo ao abeiro do convenio con DS Smith Cartogal para levar a cabo o proxecto educativo e medioambiental que pon o foco na contorna como elemento terapéutico. Por iso, ademais da ornamentación feita con cartón doado pola referida empresa, tamén se deseñaron actividades sensoriais arredor do outono. Colléronse así elementos da natureza para confeccionar xogos co obxectivo de traballar a estimulación sensorial.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, felicitou á rapazada, persoal e voluntariado por este tipo de accións que “potencian a súa creatividade e permiten que esta instalación municipal presente curiosos aspectos segundo a época do ano”. Nesta liña, adianta que, en vindeiras datas, xa se mergullarán na creación dos elementos decorativos para o Nadal. Quere tamén agradecer a DS Smith Cartogal o seu compromiso que se materializou a través do referido convenio e a doazón do cartón empregado como base dos elementos decorativos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.